Río Obi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m nova clave para a Categoría:Ríos árticos de Asia: "Obi" mediante HotCat
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
O encontro dos dous ríos orixinarios dos montes Altai, o Katun (cunhas augas que proceden da fusión das [[neve]]s dos altos cumios), polo oeste, e o Biya (emisario do [[lago Teletskoye]]), polo leste, dá nacemento ao río Obi, augas abaixo de Biisk. Estes dous cursos de auga, de lonxitudes respectivas de 688 e 301 km, e de caudal constante, aportan 626 m³/s e 477 m³/s ao río recén nacido.<ref>(en inglés) S.A Sukhenko, ''Relation between mercury concentration and water discharge in the Katun River, Siberia'', International Association for sediment Water Sciences. International symposium n°6, Santa Barbara, 1995, vol. 46, n° 1, p. 245-250.</ref>
 
O Obi toma, na primeira parte do seu curso, unha dirección occidental, e recibe, pola súa marxe esquerda, numerosos afluentes de pouca lonxitude (comparativamente aos de máis abaixo), entre elos o Peschanaya, o Anuy e o Charysh. O río presenta un desnivel medio relativamente forte do 2,5 ‰, aínda que ten no seu leito bancos de [[area]], así como illas. Despois do seu encontro co río Charysh,<ref>[http://webworld.unesco.org/water/ihp/db/shiklomanov/part'4/former%20ussr/russia/Charysh%20at%20Ust-Kumir.html Informations sur la Charysh], sitio da UNESCO. Consultado o 16 de xuño de 2012.</ref> oriéntase cara ao norte, tomando a dirección de [[Barnaul]], e o val, así como o leito, amplíanse. O Obi adquire definitivamente o seu aspecto de curso de auga de [[chaira]] despois de recibir a contribución do Aley, tributario pola súa beira esquerda. En Barnaoul, o Obi retoma unha orientación occidental, o seu val amplíase aínda máis, chegando a medir entre 5 e 10 quilómetros de ancho, coa marxe esquerda máis escarpada que a dereita; o seu leito complícase (numerosos brazos, presenza de lagos) mentres que a súa profundidade media aumenta. O río cambia de novo de dirección en [[Kamen-na-Obi]], seguindo un curso cara ao nordeste, e o val estréitase, non medindo máis que de 3 a 5 quilómetros de ancho antes de entrar no inmenso embalseencoro de [[Novosibirsk]]. A partir desta última cidade, discorrendo sempre cara ao [[Ártico]], o Obi entra nunha rexión forestal onde predominan os [[bidueiro]]s e os [[Populus tremuloides|álamos]]. A súa velocidade diminúe, e o seu val mide cerca de 20 quilómetros de ancho por termo medio. O curso superior acaba cando o río se encontra co seu gran afluente pola beira dereita, o [[río Tom]], preto da cidade de [[Tomsk]].
 
==== O Obi medio ====
Liña 83:
 
=== Equipamentos hidroeléctricos ===
As posibilidades [[Enerxía hidroeléctrica|hidroeléctricas]] do Obi e dos seus afluentes son considerables e están estimadas en 250 mil millóns de kWh, pero a produción é escasa respecto ás súas posibilidades. O Obi só proporciona enerxía até un máximo de 2 mil millóns de kWh e o Irtysh, de 4 kWh. Os principais [[embalseencoro]]s atópanse en Novossibirsk sobre o Obi e en [[Bukhtarma]] e [[Öskemen]] sobre o Irtysh. O primeiro citado é abastecido por un extenso lago de retención, o máis importante de Siberia, cunha superficie de 1070 km² e cunha profundidade media de 9 metros.
 
== Poboación e cidades ==