Real Expedición Filantrópica da Vacina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Caronium (conversa | contribucións)
engado foto
Caronium (conversa | contribucións)
traslado texto sobre a expedición dende o artigo de Isabel Zendal Gómez
Liña 33:
=== Os protagonistas ===
A operación comezou co frete da [[goleta]] ''[[María Pita]]'', que levaba a 22 nenos orfos (de entre 3 e 9 anos, e que aínda non padeceran a enfermidade) que serían inoculados durante a viaxe co obxectivo de manter a vacina viva no seu corpo; o propio Balmis, que iba ao mando; un prestixioso cirurxián, José Salvany, o seu segundo; dous axudantes, dous practicantes, tres enfermeiros e a reitora do [[orfanato]], ''Casa de Expósitos'' da [[A Coruña|Coruña]], dona [[Isabel Zendal Gómez]]<ref>De Romo, Ana Cecilia Rodríguez (1997). [http://www.ucm.es/info/antilia/revista/vol3-en/arten3-1.htm «Inoculation in the 1799 smallpox epidemic in México: Myth or real solution?»]. ''Antilia: Spanish Journal of History of Natural Sciences and Technology''.</ref>
 
 
Pódese entender globalmente como "unha caravana infantil con rumbo ao Novo Mundo para transportar a vacina e prever as epidemias de varíolas. Dando como resultado unha das viaxes máis estrañas que tivo como protagonista á medicina e á ciencia no século XIX».<ref>Con estas palabras comeza o libro de Díaz de Yraola, Gonzalo: ''La vuelta al mundo de la expedición de la vacuna (A volta ao mundo da expedición da vacina)''. Sevilla. Escuela de Estudios Hispanoamericanos, C.S.I.C. 1948, p. 1.</ref>
 
Dos 22 nenos, seis eran nenos vindos da Casa de Desamparados de Madrid, 11 do Hospital de Caridade da Coruña, e os outros 5 de Santiago.
 
As normas da expedición indicaban claramente o coidado que os nenos debían recibir. Ningún deles volveu a Galiza.
{{Cita|"''...serán bien tratados, mantenidos y educados, hasta que tengan ocupación o destino con que vivir, conforme a su clase y devueltos a los pueblos de su naturaleza, los que se hubiesen sacado con esa condición''". | Normas que regulaban cuestiáns da Real Expedición}}
 
Cada neno recibiu un feixe que contiña: dous pares de zapatos, seis camisas, un sombreiro, tres pantalóns cas súas respectivas chaquetas de lenzo e outro pantalón máis de pano para os días máis fríos. Para o aseo persoal, tres panos de pescozo, outros tres de nariz e un peite; e para comer, un vaso, un prato e un xogo completo de cubertos<ref>[http://enfeps.blogspot.com.es/2010/05/isabel-cendala-y-gomez-primera.html "Isabel Cendala y Gómez. Primera Enfermera de Salud Pública de México."] blog</ref>. O uniforme do Xardín Botánico de Madrid.
 
=== Lista dos membros da expedición: ===