Diferenzas entre revisións de «Cinema Novo»

sen resumo de edición
Na década de 1950 o cinema brasileiro estaba dominado pola ''chanchada'' (filmes musicais, con frecuencia cómicos e baratos), historias épicas de gran orzamento que imitaban o estilo de Hollywood e cinema para ”serios” que o cineasta [[Carlos Diegues]] describe como "ás veces cerebral e a miúdo ridículamente pretencioso."
 
En 1952 tiveron lugar o I Congresso Paulista de Cinema Brasileiro e o I Congresso Nacional do Cinema Brasileiro. Nestes congresos discutíronse novas ideas para a produción de filmes nacionais. Unha nova temática de obras comezou a ser abordada. Así, cineastas de [[Río de Janeiro]] e [[BahiaBaía, Brasil|Bahia]] resolveron elaborar novos ideais para o cinema brasileiro. Estes ideais eran contrarios aos carísimos filmes producidos por Vera Cruz e opostos ás alienacións culturais que reflectían as chanchadas.
 
O que os mozos implicados no proceso querían era a produción dun cinema barato, feito con