Taxonomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
Unha escola taxonómica minoritaria é a que considera que os grupos [[parafilético]]s tamén deberían ter a posibilidade de ser convertidos en taxóns, se os grupos que os conforman son o suficientemente semellantes entre si e o suficientemente diferentes do clado que queda fóra (escola evolucionista). Un exemplo clásico dun grupo parafilético que algúns taxónomos consideran un taxón, é o das [[algas verdes]], parafiléticas respecto ás plantas terrestres (todas xuntas formarían o clado das plantas verdes). Un dos expoñentes actuais desta escola é o investigador [[Cavalier-Smith]].
 
Outra escola minoritaria, chamada [[fenética]], está encabezada por investigadores como [[Sokal]], que pregoaba que era imposible coñecer a filoxenia dos organismos coa información que se recollía, debido a que os razonamentos facíanse circulares (a morfoloxía determinaba as relacións de parentesco, e coas relacións de parentesco interprétase a morfoloxía)e a información incompleta. Estes investigadores escollían facer clasificacións baseadas exclusivamente na cantidade de caracteres semellantes entre os organismos, sen inferir ningunha historia evolutiva detrás deles (tal e como fora plantexada orixinalmente a taxonomía, antes da teoriateoría da evolución de [[Darwin]]). Esta escola perdeu recentemente forza coa chegada das análises de ADN e coa mellor interpretación do rexistro fósil que temos hoxe en día.
 
Unha escola distinta, da cal o expoñente máis extemo quizais sexa o [[PhyloCode]] (http://www.phylocode.org), propón unha clasificación libre de categorías, pero non ten moita resonancia no eido científico.