Diferenzas entre revisións de «Gustave Moreau»

m
m (→‎Obra: título correcto)
O mundo de Moreau está poboado de adolescentes andróxinos e mulleres fascinantes e perversas (como a ''Salomé do seu cadro'' A aparición, pero tamén ''[[Dalila]] ou Deyanira''), Mostra tamén unha certa predilección polo monstruoso. É patente o seu interese polo oriental tanto na elección dos temas como na ambientación decadente dos seus cadros (Xúpiter e Sémelle, por exemplo, evoca poderosamente a arte da [[India]]).
 
Non frecuentou moito os temas cristiáns, aínda que en [[1862]] pintou, por encargo, un ''Via crucis'' para a igrexa de Notre-Dame-de-Decazeville. Con todo, dous temas da iconografía cristiá son recurrentesrecorrentes na súa obra: o da Piedade e o de San Sebastián. É destacable tamén un cadro relixioso bastante tardío, ''A flor mística'' (cara a 1890), de carácter alegórico, no que a flor da Igrexa aliméntase do sangue dos mártires.
Pode considerarse precursor do [[Simbolismo]]. A súa influencia é decisiva en artistas emblemáticos do movemento como [[Odilon Redon]]. A súa obra posúe unha textura onírica que fixo que fose revalorizada, xa no século XX, polos [[Surrealismo|surrealistas]]. No [[1912]], [[André Breton]] emocionouse ao visitar o museo de Gustave Moreau.
 
Aínda que Moreau rexeitou sempre ser un pintor literario, debe destacarse o impacto que a súa obra causou entre literatos tan relevantes como [[Théophile Gautier]] ou [[Joris-Karl Huysmans|J. K. Huysmans]], entre moitos outros, atraídos pola súa estética simbolista e decadente. O protagonista de ''À rebours'', de J. K. Huysmans, , Deas Esseintes que e a personaxe principal, encarna o [[decadentismo]], está fascinado pola arte de Moreau, e especialmente polo cadro ''A aparición''.
 
== Museo ==
44.384

edicións