Diferenzas entre revisións de «Metro-Goldwyn-Mayer»

sen resumo de edición
(categorias)
'''Metro-Goldwyn-Mayer Inc.''' (ou simplemente '''MGM''') é unha gran compañía, involucrada principalmente na produción e distribución de películas de [[cine]] e programas de [[televisión]]. Os seus principais subsidiarios foron [[MGM Studios Inc.]], [[United Artists Corporation]] e [[Orion Pictures Corporation]] (adquirida en 1997). Nunha importante operación mercantil, a empresa foi vendida a un grupo de compañías encabezadas por [[Sony Pictures Entertainment]] que é tamén propietaria de [[Columbia Pictures]]. MGM ten a súa sede en [[Beverly Hills]] dende o 22 de agosto de 2011. Antes desta data, MGM tiña a súa sede na ''[[MGM Tower]]'' de [[Century City]], [[Os Ánxeles]].<ref>"[http://www.mgm.com/assets/pdfs/tmp/tmp7ebfb35abe6bb1ec72401af887c912fb/report_pdfQ2.pdf MGM HOLDINGS INC. For the quarterly period ended June 30, 2011]." ([http://www.webcitation.org/65Deu5YSe Archivo]) Metro-Goldwyn-Mayer Inc. Consultado o 6 de febreiro de 2012. "10250 Constellation Boulevard Los Angeles, California 90067 (Address of corporate headquarters through August 19, 2011)" y "245 North Beverly Drive Beverly Hills, California 90210 (Address of corporate headquarters beginning August 22, 2011)"</ref>
 
O nome nace das tres compañías que formaron unaunha [[fusión corporativa]] para crear MGM Studios en [[1924]]; Metro Picture Corporation (fundada en [[1915]]), Goldwyn Pictures Corporation (fundada en [[1923]]), e [[Louis B. Mayer Pictures]] (fundada en [[1918]]). [[Louis B. Mayer]] converteuse no xefe do estudio e [[Irving Thalberg]] en xefe de produción. O seu lema é ''Ars Gratia Artis'' (arte pola arte mesma) e o seu emblema, creado en [[1928]], é un característico [[león]].
 
Metro-Goldwyn-Mayer non está afiliado con [[MGM Mirage]], [[MGM Distribution]], [[MGM Resorts]], [[MGM Grand Garden Arena]] nin con [[MGM Grand Las Vegas]].
244.296

edicións