Franz Liszt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 43:
== Liszt e a relixiosidade ==
 
A primeira crise mística afectou a Liszt en [[1827]], e foi resultado da ruptura da relación amorosa coa súa alumna Caroline de Saint-Cricq, e da oposición paterna a que Liszt se ordenara sacerdote. Morto o pai, foi a intervención de súa mai o que evitou a ordenación do compositor. Nunha carta de [[1879]] a Carolyne de Sayn-Wittgenstein, Liszt escribiu: “Eu seguía con simplicidade e con corazón limpo as miñas inclinacións católicas da xuventude. Se non tivera sido contrariado nos meus primeiros fervores pola miña boa mai e polo meu confesor, o padre Bardin, tería entrado no seminario en [[1830]] […] o padre Bardin, amante da musicamúsica, tivo se cadra demasiado en conta a miña pequena e precoz celebridade cando me aconsellou servir a Deus e á Igrexa desde a miña profesión de artista”. Liszt tentou seguir ó pé da letra os consellos do seu confesor e unir a súa profesión e as súas inclinacións relixiosas: “Cremos que unha grande obra, unha gran misión relixiosa e social se impón ós artistas” [1] O adulterio cometido con Marie d’Agoult puxo fin a esta tentativa.
Marie D'Agoult, a carreira de virtuoso e o traballo en Weimar mitigaron o seu celo relixioso ata [[1860]]. Desde entón, Liszt pensando que o seu camiño vital ata o momento era incorrecto, refúxiase en Roma e faise franciscano. Posto ó servizo da xerarquía católica compuxo obras que non foron ben apreciadas: ''A Misa de Gran, Santa Elizabeth, Christus''. Cara a fin da súa vida continuaba aínda o seu esforzo, recorrendo a técnicas cada vez máis audaces, como no Vía crucis. Algunhas das súas últimas obras, como os valses ''Méphisto'' e o nocturno ''En soño'', marcan porén un certo distanciamento coa Igrexa.