Diferenzas entre revisións de «Capa S»

m (Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética)
== Fixación das capas S á parede celular ==
* Nas [[bacteria Gram-negativa|bacterias Gram-negativas]], as capas S están asociadas aos [[lipopolisacárido]]s por interaccións iónicas, carbohidrato–carbohidrato, proteína–carbohidrato e/ou proteína–proteína.
* En [[bacteria Gram-positiva|bacterias Gram-positivas]] cuxas capas S conteñen dominios de homoloxía da capa superficial, a unión establécese co [[peptidoglicano]] e a un [[polímero]] secundario da [[parede celular]] (por exemplo, os [[ácido teicoico|ácidos teicoicos]]). En ausencia destes dominios de homoloxía, a unión ocorre por interaccións electrostáticas entre os estremosextremos N-terminais cargados positivamente das proteínas da capa S e os cargados negativamente do polímero secundario da parede.
* Nas [[arquea]]s Gram-negativas, as proteínas da capa S posúen unha ancoraxe hidrofóbica que está asociada coa membrana lipídica que hai debaixo.
* Nas arqueas Gram-positivas, as proteínas da capa S únense á [[pseudomureína]] ou á metanocondroitina.
177.884

edicións