Friedrich Nietzsche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 48:
En [[1879]], o seu estado de saúde obrígao a deixar o posto de profesor. Comeza entón unha vida errante en busca dun clima favorable tanto para súa saúde como para o seu pensamento ([[Venecia]], [[Xénova]], [[Turín]], [[Niza]], [[Sils-María]]...) : "Non somos como aqueles que chegan a formar pensamentos senón no meo dos libros - o noso hábito é pensar ao ar libre, andando, saltando, escalando, danzando (...)." En [[1882]], coñece a [[Paul Rée]] e [[Lou Andreas-Salomé]], a quen pide en casamento. Ela rexéitao despois de terlle dado esperanzas de sentimentos recíprocos. No mesmo ano, comeza a escribir o [[Así falou Zaratustra]], nunha estadía en Niza. Nietzsche non deixa de escribir cun ritmo crecente. Este período remata brutalmente o [[3 de xaneiro]] de [[1889]] cunha "crise de [[loucura]]" que, durando ata á súa morte, déixao baixo a tutela da súa nai e da súa irmá. No comezo desta loucura, Nietzsche encarna alternativamente as figuras míticas de [[Dioniso]] e Cristo, despois súmese nun silencio case completo ata a súa morte. Hai unha teoría que di que contraeu [[sífilis]]. Estudos recentes inclínanse por un [[cancro]] [[cerebro|cerebral]], que eventualmente pode ter orixe sifilítica. A súa irmá utilizará os seus escritos despois da súa morte para apoiar a causa [[Antisemitismo|antisemita]].
 
Filósofo dionisíaco, de acordo coa súa propia definición, "que aceita mesmo as calidades máis pavorosas e máis equívocas da existencia" - Nietzsche viviu como pensou, co " sentimento da unión necesaria entre a criación e a destrución."a
 
== Obra ==