Friedrich Nietzsche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
[[Ficheiro:Nietzsche1861.jpg|miniatura|Friedrich Nietzsche, 1861.]]
 
Friedrich Nietzsche naceu o 15 de outubro de 1844 en [[Röcken]], unha pequena vila de [[Saxonia-Anhalt]], preto de [[Leipzig]]. O seu nome provén do rei [[Federico Guillerme IV de Prusia]], en cuxo cuadraxésimo noveno aniversario naceu. Os seus pais foron [[Carl Ludwig Nietzsche]] (1813-1849), pastor luterano e preceptor privado no ducado alemán de [[Ducado de Saxonia-Altenburgo|Saxonia-Altenburgo]] en [[Turinxia]], e [[Franziska Oehler]] (1826-1897). A súa irmá [[Elisabeth Förster-Nietzsche]] naceu en 1846, seguida polo seu irmán Ludwig Joseph en 1848. Trala morte do pai en 1849 e do irmán menor en 1850, a familia trasladouse a [[Naumburgo, Saale|NaumburgoNaumburg]], onde viviu coa súa avoa materna e as irmás solteiras do pai baixo a protección de [[Bemhard Dächsel]], un maxistrado local.
 
{{cita |O primeiro acontecemento que me conmocionou cando aínda estaba formando a miña conciencia, foi a enfermidade do meu pai. Era un reblandecemento cerebral. A intensidade das dores que sufría o meu pai, a cegueira que lle sobreveu, a súa figura macilenta, as bágoas da miña nai, o aire preocupado do médico e, finalmente, os incautos comentarios dos locais deberon de me advertir da inminencia da desgraza que nos ameazaba. E esa desgraza veu: o meu pai morreu. Eu aínda non cumprira catro anos.