Sony: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Orixes da compañía: quito negras non necesarias
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Consolidación: quito negras non necesarias
Liña 34:
 
=== Consolidación ===
O 7 de maio de 1946, inaugurouse oficialmente o '''Tokyo Tsushin Kogyo'''. O sogro de Ibuka, '''Tamon Maeda''' foi designado presidente. Ibuka, dixo no discurso inicial as seguintes frases correspondentes ao prospecto escrito co motivo da presentación da compañía:
{{Cita|Nós debemos afrontar problemas coma as grandes compañías [...] Nós temos que crear e introducir tecnoloxías que as grandes compañías non poden. A reconstrución do Xapón depende do desenvolvemento de tecnoloxías dinámicas<ref>http://www.sony.net/Fun/SH/1-1/h2.html</ref>.}}
 
Ibuka e Morita colaboraron para que a empresa avanzara de cara á mellora dos produtos electrónicos no fogar, desbotando os métodos militares de épocas pasadas. A comezos da década de 1950, a compañía fabricou o primeiro modelo xaponés de gravadora de cintas, chamado ''Type-G''.
 
Tamén a comezos dos 50, Ibuka, viaxou a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e informouse dun novo invento chamado [[transistor]] polos [[Laboratorios Bell]]. Ibuka conseguiu a licenza do transistor para a súa compañía. Bell estaba centrando os seus estudos en aplicar a nova tecnoloxía no ámbito militar. Mentres que as empresas americanas fabricaron as primeiras radios con transistor, a empresa de Ibuka centrouse en adaptar os transistores radiofónicos para uso doméstico. En agosto de 1955 fabricouse o primeiro transistor radiofónico doméstico chamado ''TR-55''. En decembro do mesmo ano, sae a venta a nova versión do transistor, chamada '''TR-72'''. Este modelo contaba con seis transistores que melloraban notablemente a calidade do son respecto ao seu predecesor. O produto foi un éxito comercial a finais dos '50 e durante boa parte dos '60. A partir destes feitos, a compañía continuou mellorando o seu produto coas versións '''TR-6''' e '''TR-63'''.
 
Para a publicidade do TR-6, Fuyuhiko Okabe, deseñou un debuxo de undun neno chamado "Atchan". A primeira aparición deste debuxo mostrábao suxeitando un modelo do transistor de Ibuka contra a súa orella. Rapidamente popularizouse coma representación da compañía e dende os Estados Unidos recibiu o alcume '''"Sony Boy"'''<ref>http://advertisingiconmuseum.org/inside/c5/3249038.html</ref>
 
O profesor da [[Universidade de Arizona]] Michael Brian Schiffer, dixo, ''"Sony non foi a primeira, pero o seu transistor de radio foi o máis exitoso. O TR-63 de 1957 rachou o mercado estadounidense e comezou unha nova industria de consumo micro-electrónico"''<ref>http://brands-refhistory.info/?page_id=4</ref><ref>http://www.netbook-deals.co.uk/sony-netbook-deals.php</ref>. A partir de mediados dos '50 a xuventude estadounidense comezou a comprar radios portátiles en gran cantidade facendo pasar dunhas estimadas 100.000 unidades vendidas en 1955 a 5.000.000 de unidades en 1968, axudando así a fretar a nova industria da electrónica de consumo doméstico.
 
== Orixe do nome ==