Rigoberta Menchú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
 
== Biografía ==
Naceu o [[9 de xaneiro]] de [[1959]] na poboaciópoboación guatemalteca de [[Uspantán]], situada no Departamento de [[Departamento de El Quiché|Quiché]], nunha comunidade rural onde os seus pais desfrutaban de moi boa reputación, sendo o seu pai un activista a prol dos dereitos dos indíxenas e a súa nai unha experta en medicina tradicional maia.
 
Moita da popularidade da súa obra veu do seu libro autobiográfico de 1982-1983 ''Me llamo Rigoberta Menchú y así me nació la conciencia''. O libro foi realmente escrito por Elisabeth Burgos a partir das conversas con Rigoberta. No seu libro, Rigoberta explica como comezou a traballar nunha leira de [[café]] con cinco anos, en condicións tan pésimas que foron a causa da morte de irmáns e amigos seus. Recibiu unha educación [[catolicismo|católica]], o cal a levaría máis tarde a colaboracións coa Igrexa Católicaes. Xa adulta, participou en protestas contra o réxime militar polos seus abusos contra os [[Dereitos Humanos]]. A [[guerra civil de Guatemala]] tivo lugar entre 1962 e 1996, malia que a violencia comezara anos antes. A violencia forzouna ó exilio en [[México]] no ano [[1981]]. Ese mesmo ano, o seu pai foi asasinado na embaixada [[España|española]] da [[Cidade de Guatemala]]. No ano 1991, participou na preparación da declaración dos dereitos dos pobos indíxenas por parte das [[Nacións Unidas]].