Orde alfabética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Galés
Liña 29:
* En [[español]], a orde preconizada pola [[Real Academia de la Lengua Española]] ata 1997 consideraba «CH» e «LL» como letras distintas, situadas respectivamente despois de «C» e «L». Desde 1997, a Academia adoptou o uso convencional de situalos tras «CG» e «LK». Pola contra, «Ñ» sempre se clasificou tras «N». O [[galego]] segue estas últimas regras.
 
* O [[Lingua galesa|galés]] posúe regras máis complexas: as combinacións «CH», «DD», «FF», «NG», «LL», «PH» e «TH» considéranse ás veces letras únicas, ordenadas tras o primeiro grafema da combinación, coa excepción de «NG», que se clasifica detrás de «G». Con todo, estas combinacións non sempre son consideradas letras únicas: por exemplo, o galés clasifica así as palabras seguintes: LAWR, LWCUS, LLONG, LLOM, LLONGYFARCH. A primeira destas palabras, que xustapón «LLON» e «GYFARCH», non utiliza a letra «NG».
 
* En [[holandés]], a combinación «IJ» era antes ou considerada como «Y», ou clasificada tras esta, pero hoxe en día clasifícase normalmente entre «II» e «IK», agás no caso dos nomes propios.