Diferenzas entre revisións de «Aquiles»

A expresión é talón de Aquiles (DRAG)
(A expresión é talón de Aquiles (DRAG))
Un dos feitos da súa lenda que máis o marcan vén do desexo da súa nai de convertelo en inmortal. En seguida, os relatos difiren. Segundo [[Licofrón]], Tetis ten sete fillos de Peleo, e guinda seis ao lume, porque non son inmortais e por despeito cara o matrimonio forzado con Peleo. O [[escolio|escoliasta]] de [[Homero]] afirma máis ben que os puxo no lume para que este consumise a parte mortal dos nenos (unha lenda semellante está asociada con [[Isis]], na [[mitoloxía exipcia]], ou a [[Demofonte (Eleusis)|Demofonte]] de [[Eleusis]]). Segundo o gramático [[Xoán Tzetzes]], esfrégao con [[ambrosía]] e mergúllao no lume pola noite.
 
Finalmente, a variante máis popular amósanola mergullando o seu fillo nas augas da [[Estixia]], o río dos [[Infernos]], suxeitándoo polo calcañartalón. Así convértese en invulnerábel, coa excepción do calcañartalón polo que o sostivera a súa nai, cousa que deu lugar á expresión «[[calcañartalón de Aquiles]]», que significa «sitio vulnerábel, punto sensíbel». Porén, non hai nada n’''[[A Ilíada]]'' que permita asegurar que Aquiles é insensíbel aos golpes. Na ''Continuación de Homero'' de [[Quinto de Esmirna]], resulta ferido polo príncipe [[etíope]] [[Memnón]] (II, 410–411). Cómpre notar, polo demais, que Aquiles non é o único heroe grego considerado (case) invulnerábel: os Antigos conceden tamén ese privilexio a [[Áiax o Grande]].
 
Aquiles aprende de [[Fénix]], o fillo de Amíntor, a arte da elocuencia e o manexo das armas. Recibe leccións de medicina do [[centauro]] [[Quirón]], quen o alimenta con entrañas de animais para lle conferir a súa forza, e con mel pola dozura.
Aquiles fai porén proba de humanidade deixando ao rei [[Príamo]] virlle reclamar o corpo do seu fillo para lle ofrecer uns funerais dignos. Obedece así á súa nai, enviada polos deuses, descontentos polo trato inflixido as restos do heroe. Organiza deseguido os funerais e os xugos fúnebres do seu amigo Patroclo.
 
Pero os días de Aquiles están contados, morre pouco despois, ao pé das murallas de Troia, co calcañartalón, o seu punto débil, furado por unha frecha disparada por [[Paris]] (guiado por Apolo) ou polo mesmo Apolo. varios mitos diverxen en canto á súa morte: ben que tivo lugar no campo de batalla, ben no templo de Apolo, ao dispoñerse a traizoar os gregos para desposar a [[Polixena]], filla do rei Príamo, da que se namorara. Os seus funerais cóntanolos no canto XXIV d’''A Odisea'' a alma de Agamenón, así como no libro III das ''Posthoméricas'' de [[Quinto de Esmirna]]. As súas cinzas mesturáronse coas de Patroclo e de [[Antíloco]] nunha urna de ouro. Foi enterrado, en medio de choros e de xemidos, na ribeira do [[Helesponto]] e non coñeceu, xa que logo, a vitoria final dos gregos.
 
Malia o seu caracter receoso, Aquiles «o dos pés lixeiros» é considerado polos gregos igual ca un semideus, e venerado en templos que lle foron dedicados en [[Esparta]] e na [[Élide]]. Ten numerosas aventuras e atribúenselle numerosos amores.
26.695

edicións