Especie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 9:
 
== Determinación dos límites ==
A determinación dos límites dunha especie é puramente subxectiva e, polo tanto, exposta ás modalidades da interpretación persoal. Algúns conceptos usuais son moi antigos, moi anteriores ao establecemento científico desta categoría sistemática. Pola contra, existen outros de límites moi vagos, nos cales os sistemáticos están en completo desacordo. Se as especies fosen inmutables, poderíase definir facilmente cada unha delas dicindo que é o conxunto de individuos (que foron, que son e que, de non [[extinción|extinguírense]], serán) de caracteres cualitativamente idénticos. Unha entidade así determinada non é realmente unha especie, senonsenón o que usualmente se chama unha [[liña pura]] ou un [[clon]].
 
A tradición [[Aristóteles|aristotélica]] establecía que os xéneros se dividen en especies pero que a especie, á súa vez, pode converterse en [[Xénero (bioloxía)|xénero]] con respecto ás subdivisións secundarias.