Diferenzas entre revisións de «Número primo»

m
Desfixéronse as edicións de 77.229.8.106 (conversa); cambiado á última versión feita por Jglamela
Sem resumo de edição
m (Desfixéronse as edicións de 77.229.8.106 (conversa); cambiado á última versión feita por Jglamela)
{{Números}}
'''Número primo''' é un [[número natural]] maior que 1 e que ten exactamente dosdous [[divisor]]es positivos distintos: 1 e el mesmo. Se un número natural é maior que 1 e non é primo, dise que é [[número composto|composto]]. Por convención, os números [[cero|0]] e [[un|1]] non son primos nin compostos.
O concepto de número primo é moi importante na [[teoría dos números]]. Un dos resultados da teoría dos números é o [[Teorema Fundamental da Aritmética]], que afirma que calquera número enteiro positivo pode ser escrito univocamente como o produto de varios números primos (chamados "factores primos"). Ao proceso que recibe como argumento un número e devolve os seus factores primos chámase [[descomposición en factores primos]]. Antes do desenvolvemento do cálculo automático, a determinación dos factores primos era un proceso traballoso en extremo, mais a finais do século XVIII xa existían, grazas ao labor dalgúns matemáticos, entre os cales estaban [[Anton Felkel]] e [[Jurix Batolomex Vega]], extensas táboas abranguendo o intervalo desde a unidade ata algúns millóns.