Pazo de Raxoi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+refs
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Descrición: neutralizo
Liña 61:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Pazo de Raxoi.jpg|miniatura|250px|[[Soportal|Soportais]].]]
O edificio correspóndese a un tipo palaciano francés desenvolvido por [[François Mansart]], en último extremo asentado sobre modelos italianos: longa ''[[loggia]]'' porticada, con [[perpiaño]]s [[almofadillado]]s, sobre o que se alzan os [[Corpo (arquitectura)|corpos]] correspondentes, e abrazados por unha [[orde colosal]]. A este patrón axustouse a fábrica compostelá. Sobre un plano rectangular, predomina a horizontalidade, cos case 90 m de lonxitude da fachada, apenas rota polas acróteras e frontóns do coroamento, que contrasta coa verticalidade da fachada catedralicia. No corpo inferior destaca o asoportalamento con vinte arquerías de [[arco de medio punto|medio punto]] nos lados e cinco [[lintel|alinteladas]] no centro. Sobre desta ''loggia'' desenvólvense dous corpos superiores, ambos abranguidos por columnas contiguas de [[orde xigante]] [[orde xónica|xónica]], que arrancan, sobre pedestal apoiado no remate do pórtico. Entre esas columnas colosais ábrense cincuenta ocos, de tipo porta en ambos casos, pois por elas accédese ao [[balcón]] corrido que percorre toda a fachada no primeiro andar, e a unha varanda no segundo. Estes vans aseguran a luminosidade das estancias internas.
[[Ficheiro:Santiago matamouros. Casa do concello de Santiago de Compostela.jpg|miniatura|250px|Santiago Matamouros, de [[Xosé Ferreiro]], na cima do frontón central.]]
Coroa a construción un [[ático]] adornado cunha gran [[balaustrada]]. Nos laterais colocou o arquitecto senllos [[frontón]]s curvos, e no medio un frontón triangular, sostido por columnata pareada. Deste xeito reálzase esa parte central, que ademais avanza lixeiramente para a praza, e cara á que se reclama a atención, pois nela se sitúa a entrada principal. Mentres nos frontóns laterais se colocaron senllos escudos de Raxoi, no central sitúase un [[tímpano (arquitectura)|tímpano]] que desenvolve, en relevo, a [[batalla de Clavijo]], na que segundo a lenda interveu o mesmo [[Santiago o Maior|Santiago Apóstolo]], [[epónimo]] da cidade, en auxilio dos cristiáns. Foi deseñado polo pintor galego [[Gregorio Ferro]], e executado, en mármore, polos escultores [[Xosé Gambino]] e [[Xosé Ferreiro]], ambos tamén galegos. <ref name=concello/> <ref name=turismo/>Este último foi ademais o autor do Santiago ecuestre que remata a cimeira do frontón.