Ánodo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''ánodo''' é un [[electrodo]] no que se produce unha reación de [[oxidación]], mediante a cal un material, ao perder [[electróns]], incrementa o seu [[estado de oxidación]].
 
== Etimoloxía ==
[[Faraday]] (na serie VII das ''Investigacións experimentais sobre a electricidade'') utilizou por primeira vez o término, co significado de "camiño ascendente" ou "de entrada" [do grego ανά (aná): cara arriba, e οδός (odós): camiño], pero referido exclusivamente ao [[electrolito]] dunha celda [[electroquímica]].
A súa vinculación ao [[polo]] positivo do correspondente xenerador implica tránsito da [[corrente eléctrica]] polo circuito exterior dende o polo positivo ata o negativo; é dicir, transportada por cargas positivas.
A polaridade do ánodo, positiva ou negativa, depende do tipo de dispositivo e, as veces, do modo como opera, pois establecese segundo a direción da corrente eléctrica, atendendo á definición universal deste fenómeno.
Parecería lóxico definir o sentido da corrente eléctrica como o sentido do movemento das cargas ceibes. Sen embargo, si o condutor non é metálico, tamén hai cargas positivas en movemento polo condutor externo (o [[electrolito]] da celda), e calquera que sexa o sentido conveniente existirían cargas movéndose en sentidos opostos. Polo tanto adóptase o convenio de que a súa definición do sentido da corrente sexa "o recorrido polas cargas positivas ([[cationes]]), e que en consecuencia é do positivo ao negativo: '''ánodo''' → [[cátodo]].
No caso de [[válvulas termoiónicas]], [[fontes eléctricas]], [[pilas]], etcétera, o ánodo é o electrodo ou terminal de maior potencial. Nunha reación [[redox]] corresponde ao elemento que se oxidará.
 
== Válvulas termoiónicas ==
O ánodo das válvulas termoíonicas recibe a maior parte dos electróns emitidos polo cátodo. Cando se trata de tubos amplificadores ([[triodos]], [[tetrodos]] ou [[pentodos]]) e sobre todo se son válvulas de potencia, este electrodo xera a calor que ocorre no tubo, o cal debe disiparse. Para elo existen dous procedementos, segundo os casos de:
* Grade potencia. O ánodo acóplase térmicamente a un [[disipador]] no exterior da [[válvula]], que se refrixera mediante a circulación de aire, vapor, aceite, etcétera.
* Menor potencia. Neste caso os ánodos son grandes, cunha ampla superficie cara o exterior, de modo que disipan por [[radiación]].
O orixen desta calor está na enerxía que adquiren os electrón ao seren sometidos á diferencia de [[tensión]] entre ambos electrodos. Ao impactar contra o ánodo cédenlle a este a súa enerxía, que se disipa por calor.
 
== Ánodos especiais ==
Certas válvulas conteñen ánodos epeciais, como no caso dos [[tubos de de raios X]] (tubo [[Röntgen]]). Os raios X xéranse ao incidir electróns de grande enerxía contra os [[átomos]] do ánodo, comúnmente de [[wolframio]] ou de [[molibdeno]]. A enerxía destos electróns, ademais de emitirse en forma de raios X, quenta enormemente ao ánodo. Por iso está provido de disipadores, por aire ou por auga. Soen ser rotatorios, cun motor que os impulsa para repartir a incidencia dos electróns por unha superficie vasta.
Nos [[tubos de raios catódicos]] o ánodo envolve a pantalla. Está conetado a ela por unha fina capa de [[aluminio]] depositada sobre o tubo.
O ánodo dos magnetrones[[magnetróns]] soe adoptar forma de [[cavidades resoantes]] á frecuencia de funcioamento[[funcionamento]].
 
== Véxase tamen ==