Saturnais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Xúpiter
Liña 7:
As primeiras celebrábanse do 17 ao 23 de decembro en honor a [[Saturno]], Deus da agricultura, á luz de velas e antorchas, celebrábase o fin do período máis escuro do ano e o nacemento do novo período de luz, ou nacemento do Sol Invictus, coincidindo coa entrada do Sol co signo de [[Capricornio]] (solsticio de Inverno). Probablemente as saturnais fosen a festa da finalización dos traballos do campo, celebrada trala conclusión da sementeira de inverno, cando o ritmo das estacións lles deixaban a toda a familia campesiña, incluídos os escravos domésticos, tempo para descansar do esforzo cotián.
 
A duración constaba de sete días de buliciosas diversións, banquetes e intercambio de agasallos. As festas comezaban cun sacrificio no templo de [[Saturno]] (en principio o deus máis importante para os romanos ata [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]]), ao pé do outeiro do [[Capitolio]], a zona máis sagrada de [[Roma]], seguido dun banquete público ao que estaba invitado todo o mundo. Os romanos asociaban [[Saturno]] co deus prehelénico [[Cronos]], que estivo en activo durante a idade de ouro da terra. Durante as festas saturnais, os escravos eran frecuentemente liberados das súas obrigacións e os seus papeis cambiados cos dos seus donos.
 
Posteriormente, o nacemento do Sol e o seu novo período de luz foron substituídos polo nacemento do verdadeiro señor para a Igrexa: [[Xesús de Nazaret]]. E gradualmente as costumes paganas pasaron ao Día de [[Ano Novo]], sendo asimiladas finalmente pola festa cristiá que hoxe en día se coñece universalmente como O Día do [[Nadal]].