Carlos II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 88:
[[Ficheiro:W. Humer 002.jpg|miniatura|Retrato do rei Carlos II, por W. Humer.]]
[[Ficheiro:Carlos II 8 escudos 20787.jpg|miniatura|Moeda española de ouro acuñada en 1700, o ano da morte de Carlos II.]]
Aínda que nos últimos anos do seu reinado o Rei decidiu gobernar persoalmente, a súa manifesta incapacidade puxo o exercicio do poder en mans da súa esposa, a raíña '''Mariana de Neoburgo''', aconsellada polo arzobispoarcebispo de [[Toledo]], o cardeal [[Luís Fernández de Portocarrero]]. Segundo un embaixador francés, durante os últimos anos o rei atopábase en estado moi precario: «''O seu mal, máis que unha enfermidade concreta, é un esgotamento xeral''».
 
Dada a falta de posteridade directa do Rei, comezou unha complexa rede de intrigas de palacio en torno da sucesión. Este asunto, convertido en cuestión de Estado, consumiu os esforzos da diplomacia europea. Trala morte do herdeiro pactado, [[José Fernando de Baviera]], en 1699, o rei Carlos II fixo testamento o [[3 de outubro]] de [[1700]] en favor de [[Felipe de Anjou]], neto de [[Luís XIV de Francia]] e da súa irmá, a infanta [[María Tareixa de Austria e Borbón]] (1638–1683), a maior das fillas de [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. Esta candidatura era apoiada polo cardeal Portocarrero. A cláusula 13 do devandito testamento rezaba: