Efecto Doppler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m movemento
Liña 1:
O '''efecto Doppler''', chamado así polo austríaco [[Christian Andreas Doppler]], é o cambio na [[frecuencia]] dunha onda producido polo movimentomovemento da fonte respecto ao seu observador, ou a inversa, do observador respecto da fonte emisora, ou de ambolos dous. Doppler propuxo este efecto no ano [[1842]] no artigo ''Über das farbige Licht der Doppelsterne und einige andere Gestirne des Himmels'' (''sobre a cor da luz en estrelas binarias e outros astros''). O científico holandés [[Christoph Hendrik Diederik Buys Ballot]] investigou esta hipótese no ano [[1845]] para o caso de ondas sonoras, confirmando experimentalmente que a tonalidade dun son emitido por unha fonte que se aproxima ao observador é mais aguda que cando a fonte de emisión se alonxa (con músicos tocando unha nota calibrada mentres viaxaban nun vagón de tren na liña férrea Utrecht - Amsterdam). [[Hippolyte Fizeau]] descubriu de xeito independente o mesmo fenómeno no caso das ondas electromagnéticas no ano [[1848]], polo que en [[Francia]] este efecto tamén se coñece como '''Efecto Doppler-Fizeau'''.
[[Ficheiro:Doppler effect diagrammatic.svg|miniatura|600px|Diagrama do '''Efecto Doppler''', o obxecto móvese cara a esquerda da imaxe(a posición do observador), as ondas mostran nesa dirección unha frecuencia maior, pese a ser emitidas coa mesma frecuencia que as da dereita. Un observador situado a dereita da imaxe escoitaría as ondas a unha frecuencia menor da emitida.]]