Velocidade da luz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Cuán non existe en galego.
Liña 205:
== Física ==
=== Velocidade constante para todos os marcos de referencia ===
É importante observar que a velocidade da luz non é un límite de velocidade no sentido convencional. Un [[observador]] que persegue un raio de luz mediríao ao moverse paralelamente el mesmo viaxando á mesma velocidade coma se fose un observador estacionario. Isto débese a que a velocidade medida por este observador depende non só da diferenza de distancias percorridas por el e polo raio, senón tamén do seu [[tempo propio]] que se ralentiza* coa velocidade do observador. A ralentización* do tempo ou [[dilatación do tempo|dilatación temporal]] para o observador é tal que sempre percibirá a un raio de luz movéndose á mesma velocidade.
 
A maioría dos individuos están afeitos á regra da adición de velocidades: se dous coches se achegan desde direccións opostas, cada un viaxando a unha velocidade de 50 [[quilómetro por hora|km/h]], esperaríase (cun alto grado de precisión) que cada coche percibiría ao outro nunha velocidade combinada de 50 + 50=100 km/h. Isto sería correcto en todos os casos se puideramos ignorar que a medida física do tempo transcorrido é relativa segundo o estado de movemento do observador.