Codia terrestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadido de sinónimo: crusta
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3684184 de 95.123.56.148 (conversa)
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Terra (homónimos)}}
[[Ficheiro:Erdkruste-i.jpg|miniatura|300px|1 - [[Litosfera|Codia continental]].<br />2 - [[Océano]] e, debaixo, a [[Litosfera|codia oceánica]].<br />3 - [[Manto]].]]
A '''codia terrestre''' ou '''crusta terrestre''' é a capa máis superficial da [[Terra]], parte da [[litosfera]], que ten un espesor variable entre os cinco quilómetros de profundidade nos [[océano]]s ata 70 km de profundidade media nas [[cordilleira]]s [[continente|continentais]]. A codia terrestre está composta por [[rocha]]s [[silicio|silíceas]], distinguíndose tres capas principais:
* '''Capa sedimentaria''': está formada por rochas sedimentarias que se sitúan sobre os continentes e sobre as plataformas continentais. Esta capa está formada por rochas repregadas que forman parte das cordilleiras actuais e antigas dos continentes e da base da plataforma continental, e por [[sedimento]]s recentes que se depositan fundamentalmente sobre a plataforma continental e os fondos mariños próximos ao continente.
* '''Capa granítica''': está formada por rochas como o [[granito]] e outras semellantes. Forma a masa fundamental das zonas continentais emerxidas. Entre esta capa e a seguinte apréciase a [[descontinuidade de Conrad]], chamada tamén "canle da litosfera", que marca os límites da capa granítica e a capa inferior basáltica. Tanto a capa sedimentaria como a granítica son capas descontinuas e atópanse como flotando en equilibrio isostático sobre a capa basáltica, como o fai un [[iceberg]] sobre a [[auga]].