Hidrófobo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
En química un composto '''hidrófobo''' ou '''hidrofóbico''' (do grego medo ou odio á auga) é aquel que ten a propiedade de non poder establecer [[enlace de hidróxeno|enlaces de hidróxeno]] coa [[auga]], polo que é "repelido" (excluído) por unha masa de auga e non se mestura ben ou disolve nela. <ref>Aryeh Ben-Na'im ''Hydrophobic Interaction'' Plenum Press, New York, ISBN 0-306-40222-X</ref>
 
As moléculas hidrofóbicas son '''apolares''' (ou de mínima polaridade), é dicir son moléculas neutras, que tenden a non presentar grupos químicos polares (con algún átomo moi electronegativo), que orixinen [[carga parcial|cargas eléctricas parciais]] δ<sup>+</sup> e δ<sup>-</sup>. As longas cadeas hidrocoarbonadas dalgunhas moléculas son hidrófobas. As moléculas hidrófobas tenden a unirse a outras moléculas neutras e a solventes apolares. A auga sobre superficies hidrofóbicas presenta un elevado [[ángulo de contacto]].
 
Exemplos de moléculas hidrofóbicas son os [[alcano]]s e os [[triglicérido]]s (aceites e graxas), e as substancias graxas en xeral. Utilízanse materiais hidrofóbicos para a eliminación de aceites da auga, nos tratamentos paliativos dos derrames de petróleo, e para procesos de separación química que requiran separar compostos apolares dos polares.