Ácido siálico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]?[Nn]ombre[ ]?= +|nome=)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 40:
Os ácidos siálicos tamén desempeñan un importante papel nas infeccións [[gripe|gripais]] en humanos. Os virus da gripe ([[orthomyxoviridae]]) teñen glicoproteínas con actividade de [[hemaglutinina]] (HA) na súa superficie , que se unen aos ácidos siálicos que se encontran na superficie dos [[eritrocito]]s humanos e nas membranas das células das vías respiratorias superiores. Esta é a base da hemaglutinación cando os virus se mesturan con células sanguíneas, e na entrada dos virus nas células das vías aéreas superiores. Un exemplo que ilustra a importancia dos ácidos siálicos na gripe é que os fármacos antivirais [[zanamivir]] e [[oseltamivir]] son inhibidores da [[neuraminidase]] do virus da gripe, que actúa sobre os ácidos siálicos, que son a diana molecular que permite que o virus se adhira ás células que vai infectar.
 
Os [[oligosacárido]]s ricos en ácidos siálicos de glicoconxugados como [[glicolípido]]s, [[glicoproteína]]s ou [[proteoglicano]]s que se encontran na superficie das membranas axudan a manter hidratada a superficie das células. As rexións ricas en ácidos siálicos contribúen a crear unha carga negativa na superficie das células. Como a [[auga]] é unha molécula polar con [[carga parcial|cargas parciais]] positivas (δ<sup>+</sup>) nos seus dous hidróxenos, é atraída pola superficie celular. Isto tamén contribúe á entrada de auga na célula.
 
Os ácidos siálicos poden "ocultar" os antíxenos de [[manosa]] da superficie das células hospedadoras ou bacterias da [[lectina]] que se une á manosa. <ref> The Microbial World. Lectures in Microbiology by Kenneth Todar PhD. University of Wisconsin-Madison. Department of Bacteriology. (2009).