Paio Soares de Taveirós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Obra==
É o autor da célebre ''[[Cantiga da garvaia]]'', inspirada en elementos latinos e mozárabes e que foi considerada durante moito tempo a primeira obra poética en [[galego-portugués]] aínda que na actualidade perdeu o seu estatuto de cantiga coñecida máis antiga en favor dunha obra do trobador [[Johan Soarez de Pávia|João Soares de Pávia]]. É unha cantiga de amor chea de ironía, por iso moitos autores pasaron a considerala como unha cantiga satírica, o que provocou unha certa controversia entre os partidarios dun e doutro sentido da mesma, sobre todo no que se refire ao personaxe a quen vai dirixida, unha filla de Don Pai Moniz, que durante moito tempo se identificou con Dona María Pais Ribeiro, a célebre Ribeirinha, amante do rei portugués [[Sancho I de Portugal|Sancho I]], a pesar de que a existencia na época de varias personalidades chamadas Pai Moniz ou Paio Moniz, así cxomocomo a orixe galega de Paio Soares, parece debilitar esta hipótese.
 
Das que se teña constancia na actualidade é autor de 6 [[cantigas de amor]], 3 [[cantigas de amigo]]<ref>[https://jscholarship.library.jhu.edu/handle/1774.2/33843 Rip Cohen. 500 Cantigas d’Amigo, edição crítica/critical edition. Porto: Campo das Letras, 2003]</ref> e 2 [[tenzón]]s con [[Pero Velho]] e [[Martin Soarez]].