Monoteísmo: Diferenzas entre revisións

(→‎Historia: Arranxos)
 
===Teoloxía monoteísta===
A etimoloxía da palabra monoteísmo ven do grego clásico "mono"=un, e "theos"=deus. Esta crenza di que hai un só deus verdadeiro, e así a teoloxía que se lle liga e a única verdadeira, único camiño de salvación. Isto vai facer que, por primeira vez na historia, vexamos conflito co único motivo da relixión. Un dos primeiros exemplos é o conflito de [[Alexandría]] entre xudeus emigrados a esta cidade e a poboación helenizada. Esta última ollaba cara os xudeus e víaos coma supersticiosos e arcaicos, cunha relixión que negaba as súas crenzas. Os xudeus pola súa banda, vivían entre eles mesmos, sen mesturarse coa poboación autóctona. O filosofofilósofo xudeu [[Philón de Alexandría]] tentou explicar ás autoridades as crenzas xudías e quitarlle tensión á situación. Foi entón cando a poboación helénica soubo que os xudeus pagaban impostos ao templo de [[Xerusalén]] e isto provocou un pródromo contra os xudeus.
 
No século I vai aparecer como unha póla do xudaísmo o cristianismo (que será relixión oficial e única do [[Imperio Romano]] a partir do século IV), seguíndoa o Islam que aparece en Arabia no século VII. Serán estas tres relixións (3 monoteísmos) as que forxarán o mundo tal como é hoxe. Islam e cristianismo son universalistas e [[proselitistas]], o que vai provocaar innumerables guerras entre elas. O xudaísmo que hoxe non é proselitista<ref>Shlomo Sand "Como fué inventado el pueblo judío"</ref> mantívose durante séculos vivindo en sociedades non xudías pero sen mesturarse con elas.<ref>[http://www.abibliagalega.com/pentateuco/deuteronomio/capitulos-6-10/ Deuteronomio 7-3]: "Non emparentes con eles, non lles déa-la túa filla para un fillo deles, nin cólla-la filla deles para un fillo teu".</ref> Hoxe en día en Israel non se poden casar persoas de relixións diferentes.{{Cómpre referencia}} Tamén cabe sinalar o freo para as ciencias que supuxeron os monoteísmos.<ref>Michel Onfray "Traité d´atheologie"</ref> Lembremos os problemas de [[Galileo]] obrigado a desdicirse ou de [[Miguel Servet]] queimado na fogueira, tamén como a ciencia decaeu no [[Islam]] despois dos escritos de [[Al-Gazili]].<ref>Neil de Grasse conferencia "o deus dos buratos"</ref> Vexamos tamén como entre os israelitas [[Spinoza]] foi excluído do xudaísmo polos seus escritos.
409.282

edicións