Alma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 24:
== A alma na filosofía occidental ==
=== Filosofía grega ===
[[Platón]] consideraba ao alma como a dimensión máis importante do ser humano. Ás veces fala dela coma se estivese encarcerada nun corpo, aínda que tal idea tómaa prestada do [[Orfismo (relixión)|orfismo]].
Segundo o ''Timeo'', a alma estaba composta do idéntico e o diverso, sustancia que o demiurgo usou para crear a alma cósmica e os demais astros; ademais, os deuses inferiores crearon dúas almas mortais: a pasional, que reside no tórax, e a apetitiva, que reside no abdome. Por encima das dúas estaría a alma racional, que atoparía o seu lugar na cabeza. Algo parecido nárrase no ''Fedro'', onde se expón o mito dos cabalos alados: o [[auriga]] é a alma racional, o cabalo branco representa a parte pasional e o negro a parte dos apetitos (sempre rebelde). A tarefa do auriga é manter o cabalo negro ao mesmo galope que o branco. No ''Fedón'', a alma é vista como unha sustancia que busca desligarse dos límites e conflitos que xorden desde a súa unión co corpo, e que poderá vivir de modo pleno tralo momento da morte; este diálogo ofrece diversos argumentos que buscan probar a [[inmortalidade]] do alma.