Sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da es.wiki
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
En [[bioloxía]], o '''sexo''' é un proceso de combinación e mestura de trazos [[xenética|xenéticos]] a miúdo dando por resultado a especialización de [[ser vivo|organismos]] en variedades [[feminino|feminina]] e [[masculino|masculina]] (coñecidas como '''sexos'''). A [[reprodución sexual]] implica a combinación de [[célula]]s especializadas chamadas [[gameto]]s para formar fillos que herdan o material xenético, e polo tanto os trazos e natureza de ambos pais. Os gametos poden ser idénticos en forma e función ([[isogamia|isogametos]]), pero nalgúns casos evolucionaron cara a unha asimetría de tal xeito que hai dous tipos de gametos específicos por sexo ([[heterogamia|heterogametos]]): os gametos [[masculino]]s son pequenos, móbiles, e optimizados para o transporte da súa información xenética a certa distancia; mentres que os gametos [[feminino]]s son grandes, non móbiles e conteñen os nutrientes precisos para o desenvolvemento do novo organismo.
 
O sexo dun organismo defínese polos gametos que produce: os de sexo [[masculino]] producen gametos masculinos ([[espermatozoide]]s) mentres que os de sexo [[feminino]]s producen gametos femininos ([[óvulo]]s), os organismos individuais que producen tanto gametos masculinos como gametos femininos denomínanse [[hermafrodita]]s. Na [[Homo sapiens|especie humana]] hai varios casos que son ''semellantes'' ó hermafroditismo, pero o termo máis correcto para referirse a unha personapersoa con estas condicións é [[intersexualidade|intersexual]]. Acotío, as diferenzas físicas asócianse co sexo do organismo; este [[dimorfismo sexual]] pode reflectirse nas presións reprodutivas diferentes de cada sexo.
 
== Etimoloxía ==