Sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da es.wiki
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Sperm-egg.jpg|miniatura|O éxito reprodutivo do sexo en animais: a fusión dun [[espermatozoide]] e un [[óvulo]], que ó unirse crean un [[cigoto]].]]
[[Ficheiro:Édouard-Henri Avril (29).jpg|miniatura|300px|dereita|Representación artística dun acto sexual.]]
En [[bioloxía]], o '''sexo''' é un proceso de combinación e mestura de trazos [[xenética|xenéticos]] a miúdo dando por resultado a especialización de [[ser vivo|organismos]] en variedades [[feminino|feminina]] e [[masculino|masculina]] (coñecidas como '''sexos'''). A [[reprodución sexual]] implica a combinación de [[célula]]s especializadas chamadas [[gameto]]s para formar fillos que herdan o material xenético, e polo tanto os trazos e natureza de ambos pais. Os gametos poden ser idénticos en forma e función ([[isogamia|isogametos]]), pero nalgúns casos evolucionaron cara a unha asimetría de tal xeito que hai dous tipos de gametos específicos por sexo ([[heterogamia|heterogametos]]): os gametos [[masculino]]s son pequenos, móbiles, e optimizados para o transporte da súa información xenética a certa distancia; mentres que os gametos [[feminino]]s son grandes, non móbiles e conteñen os nutrientes precisos para o desenvolvemento do novo organismo.
 
O sexo dun organismo defínese polos gametos que produce: os de sexo [[masculino]] producen gametos masculinos ([[espermatozoide]]s) mentres que os de sexo [[feminino]]s producen gametos femininos ([[óvulo]]s), os organismos individuais que producen tanto gametos masculinos como gametos femininos denomínanse [[hermafrodita]]s. Na [[Homo sapiens|especie humana]] hai varios casos que son ''semellantes'' ó hermafroditismo, pero o termo máis correcto para referirse a unha persona con estas condicións é [[intersexualidade|intersexual]]. Acotío, as diferenzas físicas asócianse co sexo do organismo; este [[dimorfismo sexual]] pode reflectirse nas presións reprodutivas diferentes de cada sexo.
A palabra '''sexo''' (do [[latín]] ''sexus'', e este, á súa vez, do verbo ''secar'', «cortar») é a diferenciación orgánica e espiritual entre o macho e a femia de calquera especie, especialmente da humana. En certos contextos pode designar ó conxunto de individuos que pertencen a un ou outro grupo. Asemade chámase sexo ás [[Relación sexual humana|relacións sexuais]] entre persoas.
 
== Etimoloxía ==
O termo «sexo» deriva do [[Lingua latina|latín]] ''sexus'', por ''sectus'', «sección, separación» e aparece empregado por vez primeira en ''De inventione I'' de [[Cicerón]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Édouard-Henri Avril (29).jpg|miniatura|300px|dereita|Representación artística dun acto sexual.]]
O [[Xénese]], primeiro libro da [[Biblia]], comeza cun relato da creación da terra seguido da creación de [[Adán e Eva]]. Semella que a versión máis estendida, que narra a orixe de Eva nunha costela de Adán, se debe a unha mala tradución, pois a sinonimia da palabra ''zela'' leva a pensar que unha tradución máis axeitada sería "costado". De ser así o [[Antigo Testamento]] describiría a Adán como ''gineandromorfo'', masculino nun costado e feminino no outro. Nesta dualidade xenérica, que lle dá ao relato bíblico unha orientación puramente heterocéntrica, baséase a pretensión cristiá da complementación entre home e muller. Unha imaxe semellante chéganos a través do mito [[Grecia|grego]] que describe ao ser humano orixinal como un ser con catro pernas, catro brazos, dous rostros e dous sexos. Para anular o poder destes seres, [[Zeus]] cortounos polo medio, deixando a cada unha das metades buscando eternamente o que lle foi quitado. Os gregos explican a [[homosexualidade]] afirmando que as dúas metades podían ser do mesmo sexo.<ref>{{cita libro| autor =POTTS, M.; SHORT, R.| título =[http://books.google.es/books?id=lqpw23HzTZAC&printsec=frontcover&dq=sexualidad&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&num=100&as_brr=3&ei=S13sS6qYOZiUlAT6q6XqAw&client=firefox-a&cd=23#v=onepage&q&f=false Historia de la sexualidad: Desde Adán y Eva]| ano =2002| publicación =Ediciones AKAL| id = ISBN 84-8323-205-7, 9788483232057}}</ref>