Baltasar Carlos de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*"a este fin": con este fin, para esta finalidade, con este obxecto, para isto (Glosario do DOG; con este fin, para esta finalidade (Curso Superior de Linguaxe Xurídica Política Lingüística)
Liña 29:
Pronto se iniciaron xestións diplomáticas encamiñadas a buscarlle unha futura esposa, sendo a elixida a arquiduquesa [[Mariana de Austria]], filla do emperador [[Fernando III de Habsburgo|Fernando III]] e da súa tía paterna, a infanta [[María Ana de Austria e Austria-Estiria|María Ana de Austria]], e, xa que logo, prima irmá súa.<ref>Trala morte do novo príncipe en 1646, Mariana de Austria casaría co pai deste, o rei Filipe IV</ref>
 
Trala [[Sublevación de Cataluña (1640)|revolta catalá de 1640]] Filipe IV tratou de gañarse aos aragoneses para conseguir diñeiro e homes para a nova fronte de guerra. Unha das medidas adoptadas encamiñadas acon este fin foi traer ao príncipe Baltasar Carlos para ser xurado como príncipe herdeiro do [[Reino de Aragón]].<ref>Maiso González, Jesús: "''Baltasar Carlos y Zaragoza''" (pag.2).</ref> O xuramento realizouse o [[20 de agosto]] de [[1645]], cando o príncipe contaba con dezaseis anos de idade, na [[Catedral do Salvador de Zaragoza|Catedral do Salvador]] de [[Zaragoza]].<ref>Gómez de Blas, Juan: "''Relacion del iuramento de los Fueros de Aragon, que hizo el Serenissimo Principe D. Baltsar Carlos, en la Iglesia Metropolitana de la Ciudad de Zaragoça, en veynte de Agosto, de 1645.''" Sevilla ([[1645]])</ref> Así Baltasar Carlos pasaba a ser [[príncipe de Xirona]],<ref>Malia que Baltasar Carlos xurou os fueros en 1646, o Reino de Navarra xa lle xurou como herdeiro nas Cortes de 1632. González Ollé, Fernando: "''Biografía de José Sarabia, presunto autor da Canción real a unha mudanza''"</ref> Gobernador Xeral de Aragón, [[duque de Montblanc]], [[conde de Cervera]] e [[Señorío de Balaguer|señor da cidade de Balaguer]].<ref>Maiso González, Jesús: "''Baltasar Carlos y Zaragoza''" (pag.4).</ref> Pola súa banda, o [[13 de novembro]] dese mesmo ano, Baltasar Carlos foi xurado herdeiro polas [[Cortes de Valencia]].<ref>[http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/02584060888014028632268/p0000048.htm Cortes del Reino de Valencia en Biblioteca virtual Miguel de Cervantes]</ref>
 
En abril de [[1646]], desexoso Filipe IV de que o seu fillo fose xurado herdeiro da Coroa polos [[Reino de Navarra|navarros]],<ref>de Apraiz, Angel: "''Vista de Pamplona. Pintura de un aurresku atribuida a Velázquez''" (pag.2)</ref> como o ano anterior foino polos aragoneses, trasladouse xunto a este desde [[Madrid]] a [[Pamplona]], onde, logo de recoñecerse os foros do [[Reino de Navarra|reino navarro]], celebrouse solemnemente aquela cerimonia o día [[3 de maio]].<ref>"''juramento que hizo el serenissimo principe don Baltasar Carlos, principe natural heredero deste Reyno de Navarra nuestro señor por su persona, en presencia del rey don Felipe sexto su padre nuestro señor, en la iglesia catedral de esta ciudad de Pamplona. Y el que en sus reales presencias prestaron a S.A. los Tres Estados deste Reyno estando junto en sus Cortes generales el año 1646.''" en "''El corpus legislativo de Navarra en la etapa de los Austria (siglo XVI-XVII)''" de Ostolaza Elizondo, María Isabel (pag. 35).</ref>