Marsupiais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 43:
Os marsupiais desenvolvéronse durante o [[cretácico]], a partir dos [[pantoterios]], case contemporaneamente aos [[placentarios]], pero nuna rama [[filoxénese|filética]] diverxente. Porén, antes da expansión dos placentarios, os marsupiais xa se estenderan por boa parte da superficie continental.
 
Para comprender a distribución actual dos marsupiais cómpre botar unha ollada ás vicisitudes que sufriron as masas continentais en aqueles lonxanosafastados períodos xeolócicos. É preciso recordar, de acordo coas numerosas mostras [[fósile]]s que posuímos, que a finais do período [[Cretáceo|cretácico]] os marsupiais tiñan unha distribución xeral sobre as terras emerxidas, onde convivían, con relativa tranquilidade, cos placentarios primitivos. Encontrábanse, por exemplo, en [[África]], [[Europa]] e Norteamérica, de onde se extinguiron, aínda que tras o [[Grande intercambio americano]] algúns marsupiais recolonizaron este subcontinente.
 
Os marsupiais máis antigos coñecidos proceden da [[República Popular da China|China]], onde tamén se acharon os placentarios máis antigos. Naquela época, as masas continentais non iniciaran aínda o proceso de fragmentación e deriva revelado pola teoría de [[Alfred Wegener]], proceso que comezou ao final da [[mesozoico|era mesozoica]]. Co principio da [[terciario|era terciaria]] ocorreu o desenvolvemento explosivo dos placentarios, que sen se especializar ao principio, diversificáronse con rapidez ante a indefensión dos competidores nos novos nichos ecolóxicos que foron ocupando.
 
O grupo placentario tivo como competidores ou depredadores mamíferos aos marsupiais e aos [[monotremas]]; estes últimos xa se especializaran en varios nichos. E, fóra dos mamíferos, ás grandes aves terrestres. A independencia e o grao de desenvolvemento máis completo co que nacía a proxenie destes primerosprimeiros [[euterios]] superou aos outros grupos ''de sangue quente'' na taxa de supervivencia dos neonatos, facilitando así a súa expansión demográfica.
 
A principios do [[paleoceno]], hai uns 65 millóns de anos, non había mamíferos carnívoros euterios; o nicho ecolóxico dos predadores estaba ocupado por grupos animais aparecidos antes: grandes [[aves]] depredadoras non voadoras, os [[réptiles]] modernos e os marsupiais.
Liña 53:
A desintegración de [[Panxea]] que comezou ao inicio do [[cretácico]], hai 150-140 millóns de anos, dá as claves da dispersión dos grupos animais, cando o supercontinente [[Gondwana]] comezou a fragmentarse.
 
En Panxea creouse unha fendsa que abarcaba desde o [[océano Tetis]], ao leste, até o [[Pacífico]] ao oeste. A greta separou [[Laurasia]] e, con ela, a [[Norteamérica]], de [[Gondwana]], e produciu o nacemento dun futuro novo océano, o [[Atlántico]]. Este océano non se abriu uniformemente, se non que comezou no Atlántico norte-central; o Atlántico sur non se abriría até o cretácico.
 
==Clasificación==