Música minimalista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:The Six Minimalists.jpg|thumb|upright=1.8|Algúns compositores da corrente minimalista (de esquerda a dereita): [[Steve Reich]], [[Philip Glass]], [[John Coolidge Adams|John Adams]], [[Terry Riley]], [[Michael Nyman]], e [[Arvo Pärt]].]]
A '''música minimalista''' é unha corrente da [[música contemporánea]] xurdida nos [[Estados Unidos]] na década de 1960, que representa unha parte importante da [[música clásica dos Estados Unidos|música clásica deste país]]. Os principais compositores cos que é asociada esta corrente son os americanos [[La Monte Young]], [[Terry Riley]], [[Steve Reich]], [[Philip Glass]], e [[John Adams (compositor)|John Adams]].<ref name=Mertens>Mertens 1983, 11.</ref><ref>Michael Nyman, escribe no prefacio do libro de Mertens referíndose ao estilo como "chamado música minimalista" ("so called minimal music". Mertens 1983, 8).</ref><ref>"O termo 'música minimalista' é xeralmente empregado para describir un estilo de música desenvolvido en América a finais dos anos 1960 e 1970; e que foi inicialmente relacionado cos compositores La Monte Young, Terry Riley, Steve Reich, and Philip Glass." Sitsky, L. (2002), ''Music of the twentieth-century avant-garde: a biocritical sourcebook,''Greenwood Press, Westport, CT. (p.361)</ref><ref name="young2000">[[La Monte Young|Young, La Monte]], [http://www.google.com/search?q=cache:www.melafoundation.org/theatre.pdf "Notes on The Theatre of Eternal Music and ''The Tortoise, His Dreams and Journeys''"] ([http://www.melafoundation.org/theatre.pdf PDF] orixinal), 2000, Mela Foundation, www.melafoundation.org — ReseñaRecensión histórica e ensaio musical no que Young explica por qué se considera o creador do estilo fronte a Tony Conrad e John Cale.</ref> A obra considerada como a fundadora do minimalismo musical é ''[[In C (Terry Riley)|In C]]'' composta en [[1964]] por [[Terry Riley]]. Ás veces se refire á música minimalista coa denominación máis ampla de [[música postmoderna]].
 
Máis que un retorno á [[música tonal|tonalidade]], esta corrente caracterízase principalmente pola utilización dunha [[métrica (música)|pulsación]] regular e a repetición de motivos curtos que evolucionan lentamente. Máis aló dun movemento de reacción ao [[serialismo integral]], daquela dominante en Europa, a música minimalista marcou o xurdir dunha música americana innovadora, liberándose dos seus vínculos europeos. Os compositores minimalistas tamén realizaron un retorno a unha música de maior emoción, en lugar do enfoque esencialmente intelectual da música serial, ou o enfoque conceptual da [[música experimental]] levada a cabo por [[John Cage]]. Despois duns inicios difíciles fóra dos circuítos tradicionais da [[música clásica]], a música minimalista adquiriu a presenza dun certo público, ás veces de universos diferentes coma o [[jazz]], o [[música rock|rock]], a [[improvisación libre]], ou a [[música electrónica]]. A [[televisión]] e o [[cinema]] teñen empregado frecuentemente esta música, en particular obras de Philip Glass, contribuíndo á súa difusión entre o gran público. Certas críticas violentas tamén se teñen expresado dende o mundo musical, acusando ao minimalismo de producir un consumidor de música superficial e sen alma.