Enlace fosfodiéster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Phosphodiester.svg|miniatura|250px|Enlace fosfodiéster (frechas) nun [[fosfolípido]].]]
 
Un '''enlace fosfodiéster''' é un tipo de [[enlace covalente]] que se establece entre un [[grupo fosfato]] (H<sub>3</sub>PO<sub>4</sub>) e dous grupos [[hidroxilo]] (-OH) de dúas moléculas distintas, de modo que se orixinan dous enlaces [[éster]], e as dúas moléculas quedan unidas por medio do fosfato. É un enlace típico dos [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]]. Os enlaces fosfodiéster son esenciais para a vida, porque son os responsables da formación do esqueleto pentosa-fosfato das cadeas do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] e [[ARN]]. Estes enlaces tamén están presentes nos [[fosfolípido]]s, moléculas que son os principais constituíntes das [[bicapa lipídica|bicapas lipídicas]] de todas as [[membrana plasmática|membranas celulares]].
 
Tanto no ADN coma no ARN, o enlace fosfodiéster é o vínculo entre cada dous nucleótidos. Neles reacciona o -OH do carbono 3' do azucre ([[ribosa]] ou [[desoxirribosa]]) cun fosfato á súa vez unido por enlace éster ao carbono 5' do azucre doutro nucleótido. Os grupos fosfato do enlace fosfodiéster teñen unha forte carga negativa na célula. Isto débese a que os grupos fosfato teñen unha pK<sub>a</sub> próxima a 0, polo que a súa carga é negativa a [[pH]] 7. A repulsión entre estas cargas negativas obriga aos fosfatos a posicionarse nos lados opostos das dúas cadeas do ADN, e esta carga está neutralizada polas proteínas [[histona]]s, [[ión|ións metálicos]] e [[poliamina]]s.