Canal de Suez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado referencia para o nome da entrada a partir dunha información facilitada por HombreDHojalata na páxina de conversa
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
criterio primeiro editor: canal
Liña 2:
[[Ficheiro:Dynamap_suez.png|dereita|200px]]
[[Ficheiro:SuezCanal-EO.JPG|miniatura|dereita|200px|Foto satélite do Canal de Suez da [[NASA]].]]
O '''Canal de Suez'''<ref>O DRAG exemplifica a acepción para ''paso natural ou artificial que une dous ríos ou dous mares'' coa frase ''Atravesar o canal de Suez'', do que se extrae que a forma Canal de Suez e preferible a Canle de Suez. </ref> ('''قناة السويس''', ''Qanāt al-Suways'' en [[Lingua árabe|árabe]]) é unhaun [[canle (enxeñería)|canlecanal]] artificial de 193,3 km<ref>[http://www.suezcanal.gov.eg/sc.aspx?show=12 Características técnicas na web da Autoridade da Canle de Suez]</ref> que liga o [[mar Mediterráneo]] desde o porto [[Exipto|exipcio]] de [[Port-Saïd]] ao [[mar Vermello]] polo porto de [[Suez]] atravesando o desértico [[istmo de Suez]]. Permite ás embarcacións iren da [[Europa]] á [[Asia]] sen teren que contornar a [[África]] polo [[cabo da Boa Esperanza]]. Antes da súa construción, as mercadorías tiñan que ser transportadas por terra entre o mar Mediterráneo e o mar Vermello.
 
== Historia ==
Liña 35:
 
== Características ==
O canal non posúe [[esclusa]]s, pois todo o traxecto está ao nivel do mar, contrariamente ao que sucede no [[canal do Panamá]]. O seu trazado apoiase en tres planos de auga, os [[lago]]s [[Manzala]], [[Timsah]] e [[Amer]]. A anchura media do canal é de 365 metros, dos que 190 m son navegábeis. Inicialmente, eses dous valores eran de 52 e 44 m. O canal é demasiado pequeno para dous carrís de tráfico, polo que os barcos atravésano en convois e usan canlescanais de derivación. Hai 78 km de derivacións, nun 40% da lonxitude total do canal. De norte a sur estas son: a derivación de Port Said, de 36,5 km, a derivación de Ballah de 9 km, a derivación de Timsah, de 5 km, e a derivación de Deversoir, de 27,5 km.
 
O canal permite a pasaxe de navíos de 15 m. de quilla somerxida, mais hai traballos previstos a fin de permitir a pasaxe de [[supertanker]]s com até 22 m para o [[2010]]. Actualmente, eses enormes navíos deben descargar unha parte da carga nun barco pertencente ao canal para poderen atravesalo. Aproximadamente 15.000 navíos por ano atravesan o canal, representando 14% do transporte mundial de mercadorías. Unha travesía demora de 11 a 16 horas.