Friedrich Bessel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Terra
Liña 14:
Buscando mellorar a precisión dos seus instrumentos sustituiu o vello tránsito meridiano (construido por Dollond) e o círculo de Cary por un nuevo círculo meridiano construído por Reichenbach-Ertel; en [[1841]] instalou un círculo de Repsold. Nestas datas o seu ''Tabulae Regiomontanae'' (''Táboas de Königsberg'') estaban en uso xa en case todos os observatorios do mundo, pola súa extensión e exactitude.
 
Coñecendo a elevada precisión dos seus instrumentos tentou determinar a [[paralaxe]] das [[estrela]]s máis próximas, traballando cun [[heliómetro]] construido por [[Joseph von Fraunhofer]]: elexiu para elo a denominada [[61 Cygni]] que, en base ao seu movemento propio (5,2" ao ano), debería ser una das máis próximas ao noso planeta; ao cabo de 18 meses de observacións (finais de [[1838]]) comprobou que a paralaxe era igual a 0,314" ± 0,020": a estrela distaba máis de 657.000 veces a distancia [[Terra (planeta)|Terra]]-[[Sol]]. Só máis tarde mediríanse as paralaxes de [[Vega]] e [[Alfa Centauri]], resultando esta última a máis próxima á [[Terra (planeta)|Terra]]: 0,77" e 4,3 anos luz de distancia.
 
En [[1844]], analizando as posicións micrométricas de dúas estrelas fundamentais do catálogo do astrónomo inglés [[Nevil Maskelyne]] ([[Sirio]] e [[Proción]]), comprobou que o seu movemento aparente polo ceo era errático, coma se estivesen afectados por outro ''corpo'' moi próximo pero invisible. Utilizando as súas propias observacións deduxo a órbita do compañeiro de Sirio, a [[estrela anana branca]] Sirio B (tamén coñecida como o Cachorro) que non sería descuberta ata o ano [[1862]] por [[Alvan Graham Clark]]. A compañeira de Proción sería descuberta en [[1895]].