Papel maché: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*trocear: tallar, cortar.
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 18:
O papel tállase en anacos dun tamaño aproximado de 3 cm de lado, mellor á man ca cunha [[tesoira]] para non cortar as [[fibra]]s. O primeiro corte debe facerse no sentido das fibras (de feito que o corte das tiras sexa dereito e estas queden alongadas), e despois as tiras córtanse en cadradiños. Os anacos bótanse nun caldeiro con [[auga]], preferiblemente quente, onde se deben deixar un par de días, para que sexa máis doado de bater, e faga mellor pasta. En caso de urxencia, o batido pode ser instantáneo, agás que sexa para facer pezas pequenas, que requiren unha pasta máis fina, con menos grumos.
 
Se se fai moita cantidade, non se bate no mesmo caldeiro, é mellor ir poñendo porcións deste papel remollado noutro caldeiro máis pequeno e ir batendo por porcións, deixando enfriararrefriar a batedora frecuentemente para que non se queime. A masa xa batida vaise coando cun coador grande, sen estrullar a masa, axitándoa no coador para que escurra, e como moito, presionándoa suavemente coa palma da man enriba cando xa non escorre soa. Logo déixase nun coador grande de plástico (chamados coadores chineses ou de lavar verduras) para que siga escorrendo soa un pouco máis.
 
== Enchido do molde ==
[[Ficheiro:Papier mache.jpg|miniatura|325px|dereita|Papel maché sobre unha forma redondeada para crear a figura dun porco. O globo explótase cando a cola seca.]]