Escurecemento global: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: it:Oscuramento globale
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Terra
Liña 5:
''Máis información en: [[Contaminación atmosférica]] | [[Balance radioactivo terrestre]]''
 
Actualmente pénsase que o efecto probablemente se debe á crecente presencia de [[aerosol|aerosois]] e outras partículas na [[atmosfera]]. As partículas contaminantes actúan tamén como núcleos de condensación en torno ós cales se forman gotas microscópicas que van uníndose por coalescencia. Toda [[nube]] contén un determinado número destas partículas pero o incremento causado pola [[contaminación atmosférica]] fixo que haxa máis da conta, co cal as nubes cárganse cunha maior cantidade de gotas máis pequenas. Este tipo de nubes calculouse que son máis ''brancas'', é dicir que reflicten mellor a luz solar cás de gotas máis grandes pero máis escasas. O balance total é que a cobertura nubosa da [[Terra (planeta)|Terra]] devolve ó espazo máis luz solar ca antes.
 
As nubes interceptan tanto a calor do [[Sol]] como a que é radiada pola Terra. Os seus efectos son complexos e varían segundo o momento, a localización e a altitude. Habitualmente, durante o día predomina a intercepción da luz solar, producindo un efecto de arrefriamento, así a todo, pola noite a reemisión da calor radiada pola Terra ralentiza a perda de calor do planeta retendo unha boa parte desta na baixa [[troposfera]].