Transfesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engadida táboa
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 27:
O primeiro tren transporta 4.500 cabezas de gando desde [[Cañaveral]], en [[Estremadura]] ate [[Barcelona]] e utiliza vagóns mercados á [[Alemaña]] Nazi pouco antes do bloqueo comercial entre ambos os dous países.
 
En 1949, os tráficos ferroviarios desta compañía incluíron tamén os [[cítrico]]s dende o Levante, e en 1950 desenvolveron a tecnoloxía suficiente como para patentar un sistema de [[cambio de eixos]] e montar en [[Hendaia]] un intercambiador. Isto vai permitir resolver a diferenciadiferenza de ancho de vía entre [[España]] e [[Francia]] sen ter que facer custosísimos transbordos das mercadorías na fronteira. Transfesa rompeu o illamento ferroviario español, de xeito que as mercadorías xa podían chegar ó seu destino en Francia, Alemaña e outros países europeos sen necesidade de facer transbordo, o que reducía até nunha semana a viaxe de produtos españois. O sistema de cambio de eixos, empregado hoxe en día por varias administracións ferroviarias, adiantouse nunha década á solución deseñada por [[Patentes Talgo]], do [[eixe de rodadura desprazable]]. Nos anos cincuenta, Transfesa transporta toda sorte de mercadorías, incluíndo [[Cemento (construción)|cemento]]s e outros pulverulentos. En 1964 converteuse na primeira multinacional galega, con empresas filiais en Francia, [[Gran Bretaña]], [[Suíza]], Alemaña, [[Italia]] e [[Portugal]] e a primeira multinacional ferroviaria española.
 
Transfesa foi o berce dun conglomerado empresarial que abrangue sectores como o químico e a alimentación, con marcas como [[Pescanova]], [[Zeltia]], [[Frigolouro]], [[Fontecelta]] e [[Corporación Noroeste]], entre outras.