Abrir o menú principal

Cambios

m
Desde a [[Baixa Idade Media]] existía unha forte conexión económica entre Flandres e os intereses [[la]]neiros da aristocracia e os comerciantes casteláns, particularmente co vital porto de [[Antuerpen]], que se intensificaron coa explotación colonial de América. En 1572, unha banda de rebeldes corsarios holandeses coñecidos como os ''watergeuzen'' ("Esmoleiros de mar") tomaron varios pobos costeiros holandeses, cortando a saída ao mar de Antuerpen e os territorios do norte, en apoio de Guillerme.
[[Ficheiro:Spain1580.gif|miniatura|200px|dereita|Territorios hispánicos en Europa en [[1580]]. En verde escuro os Países Baixos Españois.]]
Para España, a guerra foi un verdadeiro desastre. En 1574, o exército español ao mando de [[Luís de Requesens]] foi repelido no [[asedio de Leiden]] despois de que os holandeses destruísen os [[dique]]s que contiñan o [[Mar do Norte]], alagando o territorio e impedindo as manobras militares. En 1576, á vista da imposibilidade de soster os custos do seu exército de ocupación dos Países Baixos de 80.000 homes e os da enorme flotafrota vencedora de Lepanto, Filipe tivo que aceptar a [[quebra]]. O exército nos Países Baixos amotinouse non moito despois, [[Saqueo de Antuerpen|saqueando Antuerpen]] e o Sur dos Países Baixos, impulsando a varias cidades das anteriormente pacíficas provincias do Sur a unirse á rebelión. Os españois escolleron o camiño da negociación e pacificaron a maioría das provincias do Sur de novo coa [[Unión de Arras]] en 1579.
O acordo de [[Arras, Francia|Arras]] requiriu que todas as tropas españolas abandonasen estas terras. En 1580, esta circunstancia deulle ao rei Filipe a oportunidade de consolidar a súa posición hexemónica en Europa, cando o último membro masculino da [[dinastía de Avis|familia real portuguesa]], o [[Henrique I de Portugal|Cardeal Henrique de Portugal]], morreu. Filipe reclamou os seus dereitos sucesorios ao trono portugués e en xuño enviou un exército a [[Lisboa]] ao mando do Duque de Alba para aseguralos. Os territorios casteláns e portugueses en ultramar puxeron nas mans de Filipe a case totalidade do Novo Mundo explorado xunto a un vasto imperio comercial en África e Asia.
 
99.710

edicións