Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
A morte de Fernando levou á ascensión ao trono do mozo Carlos como [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I de Castela e Aragón]]. A súa herdanza española incluíu todas as posesións españolas no [[Novo Mundo]] e ao redor do [[Mediterráneo]]. Logo da morte do seu pai en [[1506]], Carlos herdara o territorio denominado Flandres ou os Países Baixos (onde nacera e crecera) e o [[Franco Condado]]. En 1519, coa morte do seu avó paterno [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]], Carlos herdou os territorios Habsburgos de [[Alemaña]], e foi debidamente [[príncipe elector|elixido]] ese mesmo ano como Emperador co nome de [[Carlos I de España|Carlos V]]. A súa nai permaneceu como a raíña titular de Castela ata a súa morte en [[1555]], pero debido á súa saúde, Carlos (co título de rei tamén alí) exerceu todo o poder sen contemplacións, o que produciu a sublevación coñecida como [[guerra das Comunidades de Castela]]. Sufocada a sublevación en [[1521]], do mesmo xeito que a simultánea das [[Xermanías]] de Valencia, o [[Carlos I de España|Emperador e Rei Carlos]] era o home máis poderoso da [[Cristiandade]].
 
A acumulación de tanto poder nun home e unha dinastía preocupaba moito ao rei de Francia, [[Francisco I de Francia|Francisco I]], que se atopou rodeado de territorios Habsburgo. En 1521, Francisco invadiu as posesións españolas en Italia e inaugurou unha segunda rolda do conflito franco-español. As [[Guerras italianas (1494-1559)|Guerras Italianas]] foron un desastre para Francia, que sufriu derrotas tanto na chamada [[GuerrasGuerra italianasitaliana de (1521-1526)|Guerra dos Catro Anos]] (1521-1526) -[[Batalla de Bicoca|Biccoca]] (1522) e [[Batalla de Pavía|Pavía]] (1525, onde Francisco foi capturado)- como na [[Guerra da Liga de Cognac]] (1527-1530) -[[Batalla de Landriano|Landriano]] (1529)- antes de que Francisco cedese e abandonase Milán, en beneficio unha vez máis de España.