Guerras italianas (1494-1559): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 80:
=== Guerra italiana de 1542-1546 ===
{{Artigo principal|Guerra italiana de 1542-1546}}
Francisco I, aliado con [[Solimán I]] do [[Imperio otomán]] lanzou unha invasión da península Italiana. Unha flotafrota conxunta franco-otomá capturou a cidade de [[Niza]] en agosto de [[1543]] e puxo asedio á cidadela. Os defensores foron socorridos un mes máis tarde polas tropas imperiais, que conseguiron levantar o asedio. Os franceses, baixo o mando de François, conde de Enghien, derrotaron ás forzas do Imperio na [[batalla de Cerisoles]], en [[1544]], pero fracasaron no seu intento de penetrar en [[Lombardía]].
 
Carlos I de España e [[Henrique VIII de Inglaterra]] uníronse para a invasión do norte de Francia, sitiando [[Boulogne-sur-Mer]] e [[Soissons]]. A falta de colaboración entre ingleses e españois e os agresivos ataques otománs levaron a Carlos a abandonar estas conquistas, restaurando o ''statu quo'' unha vez máis.