Abrir o menú principal

Cambios

Os últimos episodios militares importantes da guerra foron as conquistas españolas de [[Rocca Guglielma]] e [[Diano]], en [[1497]]. O [[4 de agosto]] de [[1498]] Fernando o Católico firmou con [[Luís XII de Francia|Luís XII]], sucesor de Carlos VIII, o [[Tratado de Marcoussis]], concluíndo así definitivamente o conflito.
 
=== Guerra italiana de 1499 - 1501 ===
{{Artigo principal|Guerra italiana de 1499 - 1501}}
O novo rei francés, Luís XII, seguindo a política do seu antecesor, continuou reclamando para el o ducado de Milán e o reino de Nápoles. Coa intención de ocupar o norte de Italia pola vía militar pactou alianzas coa república de Venecia, á que lle ofreceu a cambio da súa axuda [[Cremona]], e co papa [[Alexandre VI]] e o seu fillo [[César Borgia]], ofrecéndolles territorios na [[Romaña]]. En agosto de [[1499]] un exército francés cruzou os [[Alpes]] e marchou sobre o [[Milanesado]], que estaba baixo o goberno do duque [[Ludovico Sforza]]. Ante a superioridade militar francesa, este abandonou Milán, que foi ocupado por [[Gian Giacomo Trivulzio]] ao mando das tropas de Luís XII.
 
186.040

edicións