Arquitectura románica en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
A arte románica expandiuse dende [[Francia]] ao resto da [[Europa occidental]] a partir do [[século XI]]. O estilo chegaría á [[Península Ibérica]] da man do [[Camiño de Santiago]] cuxas vías principais confluían en [[Santiago de Compostela|Compostela]], vila onde se dirixían milleiros de peregrinos de toda [[Europa]] que viñan a louvar a suposta tumba do apóstolo Santiago. A data de chegada do estilo a España é aproximadamente entre o [[século XI]] e comezos do [[século XII|XII]].
 
Algunhas das principais paradas do Camiño, serían as primeiras en desenvolver este estilo, erixíndose igrexas, catedrais e mosteiros, como a [[catedral de Jaca]], a [[igrexa monástica de San Martín de Frómista]], a [[basílica de SanSanto Isidoro de León]] e as primeiras pedras da catedral compostelá<ref>http://www.arrakis.es/~garma/romanico.html Segundo Románico, 3º parágrafo</ref>.
 
A época de expansión do estilo pola península, coincide coa ocupación musulmá, desenrolándose deste xeito o Románico pola parte setentrional da península, non ocupada polos mouros. As principais mostras deste arte pódense atopar por toda a xeografía do país, destacando, xunto a catedral compostelá os [[mosteiro]]s [[idade media|medievais]] da [[Ribeira Sacra]] onde se poden atopar numerosos mosteiros románicos entre as provincias de [[provincia de Lugo|Lugo]] e [[provincia de Ourense|Ourense]]<ref>http://www.arrakis.es/~garma/romanico.html 5º parágrafo</ref>.