Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 378:
Segue por [[Sanfelismo]], a aldea de [[Arcahueja]] e [[Valdelafuente]]. No Alto del Portillo, desde o que xa se contempla León houbo un cruceiro moderno que substitúe outro medieval que hoxe está na praza de San Marcos. Éntrase en León por [[Puente Castro]], o antigo ''Castro Iudeorum'', campo dos xudeus, e hoxe un barrio de León. A ponte, do s. XIII pero moi modificada no XVIII, cruza o [[río Torío]] <ref>"''...o Torío, que pasa por León, ó pé do castro dos xudeus''".</ref>, que se unirá ó óutro lado da cidade co [[río Bernesga|Bernesga]].
 
León é unha das máis importantes cidades do Camiño de Santiago, na que destacan a [[Catedral de León|Catedral]] (gótica, construída entre [[1205]] e [[1305]]), a [[Basílica de SanSanto Isidoro de León|Basílica de SanSanto Isidoro]] (románica, iniciada en [[1063]] e ampliada posteriormente, cun interesante Panteón Real; SanSanto Isidoro tamén conta cunha ''Porta do Perdón'', esculpida polo mestre Esteban, o autor da [[Fachada das Praterías]] da catedral compostelá) e o [[Hostal de San Marcos de León|Hospital de San Marcos]], antigo hospital de peregrinos e hoxe restaurado nun luxoso Parador de turismo <ref>Segundo Elías Valiña, houbo documentados 17 hospitais na cidade.</ref>. Picaud recomendaba ó peregino deterse a venerar a SanSanto Isidoro: "''Despois hai que visitar en León o venerable corpo de SanSanto Isidoro, bispo, confesor e doutor, que estableceu unha piadosa regra para os clérigoscregos da súa iglesiaigrexa, e que ilustrou ós españois coa súa doutrina e honrou a toda a Santa Igrexa coas súas brillantes obras''" (López Pereira, px. 121).
 
En León remata a oitava etapa descrita no ''Calixtino''.