Manaus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Histórico: homónimo
Liña 52:
 
=== Histórico ===
O [[3 de xuño]] de [[1542]] o [[Río Negro, río Amazonas|Río Negro]] foi descuberto por [[Francisco de Orellana]], que lle puxo o nome. A zona na que se atopaba o forte de São José da Barra do Rio Negro foi habitada primeiramente polas tribos [[Manaós]], [[barés]], banibas e passés, as cales axudaron na construción do Forte e pasaron a vivir en pallozas humildes nas proximidades do Forte.<ref name="Manaus Amazonas" /> A tribo dos ''manáos'' (na grafía antiga, actualmente máis coñecida como Manaós)<ref name="História dos Manaós">{{Cita web |url = http://www.nacaomestica.org/ajuricaba.htm|publicación= Nação Mestiça| título = Biografia do Tuxaua Ajuricaba |data = novembro de 2011}}}}</ref>, considerada orgullosa polos portugueses, negábase a ser dominada e servir de man de obra escrava e entraba en enfrontamento cos habitantes do Forte.<ref name="História dos Manaós"/> Estas loitas só terminaron cando os militares portugueses comezaron a conectar cos manaós a través de vodas coas fillas dos Tuxauas, dando comezo así á intensa [[mestizaxe]] na rexión e dando orixe aos [[caboclo]]s. Un dos líderes dos Manaós foi o indíxena [[Ajuricaba (indíxena)|Ajuricaba]], que se opuxo á colonización dos portugueses e que, porén, apoiaba os holandeses: Ajuricaba foi aprisionado e enviado a [[Belém, Pará|Belém]]. Morreu en situación misteriosa no percorrido da viaxe. Reza a lenda, que se lanzou ao río que tanto amaba, o río Negro, morrendo afogado xunto a outro líder indíxena.<ref name="História dos Manaós"/>
 
Debido á colonización portuguesa, foi efectuado un traballo de esquecemento ou intento de borrar os trazos e obras históricas dos pobos indíxenas. Pódese notar pola destrución do cemiterio indíxena, onde se atopa, actualmente, a Praza Don Pedro e o Palacio Río Branco.<ref name="Praça Don Pedro">{{Cita web | url = http://portalamazonia.globo.com/pscript/amazoniadeaaz/artigoAZ.php? idAz=493 | páxina-web= Portal Amazonia | título = Centro Histórico de Manaus | data = setembro de 2010}}</ref> Cando o gobernador [[Eduardo Ribeiro]] remodelou a praza e mandou nivelar as rúas que a cercaban, foron achados gran número de igazaba e actualmente non existe ningún marco indicando a súa existencia.<ref name="História dos Manaós" />