Roald Amundsen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
=== Carreira ao Polo Sur ===
Trala súa expedición ao Paso do Noroeste Amundsen planeou outra expedición, desta vez ao [[Polo Norte]], a bordo do [[buque]] ''Fram'', propiedade de [[Fridtjof Nansen]] e que este xa tiña utilizado en viaxes árticos. Porén pouco despois tivo novas de que [[Robert Peary]] se lle adiantara en ser o primeiro [[ser humano]] no Polo Norte, polo que cambiou os seus plan e decidiu dirixirse ao [[Polo Sur]]. Neste obxetivoobxectivo contaría ca competencia doutro explorador, o [[Gran Bretaña|británico]] [[Robert Falcon Scott]], que organizara unha expedición paralela.
 
O [[14 de xaneiro]] de [[1911]] chegou co ''Fram'' á [[plataforma de xeo de Ross]], no mar de nome homónimo. Anclou o buque na [[Bahía das Baleas]] e levantou o seu campamento, que chamou ''Framheim''. Scott pola súa parte establecérase en MacMurdo Sound, 96 [[quilómetro|quilómetros]] máis lonxe do Polo Sur que Amundsen. Mentres o plan do británico era seguir a ruta de [[Ernest Shackleton]] polo [[glaciar]] Beardmore ata a meseta Antártica, Amundsen pretendía crear a súa propia, subindo os montes Transantárticos ata a susodita meseta.
 
Nos meses seguintes estableceron postos de subministracións nos paralelos 80º, 81º e 82º Sur en liña directa ao polo, permitíndolles comprobar as condicións do medio e o funcionamento dos equipos. EstoIsto permitiulles realizar melloras significativas no equipo durante o [[inverno]], en especial nas zorras, cuxo peso conseguiu reducir signifativamente [[Olav Bjalland]]. O [[4 de febreiro]] dese ano unha parte da expedición de Scott fixo unha visita de cortesía ao Framheim.
 
O [[8 de setembro]] de [[1911]] a expedición nórdica saiu dirección ao polo, o equipo formábano oito persoas: [[Olav Bjaaland]], [[Helmer Hanssen]], [[Sverre Hassel]], [[Oscar Wisting]], [[Jørgen Stubberud]], [[Hjalmar Johansen]], [[Kristian Prestrud]] e o propio Amundsen. O momento da partida escolleuse debido a un aumento das temperaturas que semellaba un quentamento primaveral, porén poucos días despois da partida as temperaturas baixaron drasticamente ata chegar aos -51ºC, polo que chegaron ao posto 80ºS deixaron as subministracións e regresaron a Framheim. O resultado foi o desencontro entre os membros do equipo, polo que se reestructurou a expedición, a Johansen, Prestrud e Stubberud encargoulles explorar a [[Terra de Eduardo VII]], descuberta recientemente por Scott, mentres que Amundsen, Bjaaland, Hanssen, Hassel e Wisting formaron a nova expedición ártica.