Xoán III Ducas Vatatzés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Eliminouse o modelo «Link GA».
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Aínda que sufría [[epilepsia]], logrou distinguirse tanto como soldado que en [[1222]] foi elixido para suceder ao seu sogro [[Teodoro I Láscaris]]. Casou coa filla de Láscaris, Irene Láscaris (Eirene Laskarina) en [[1212]]. Tiveron un fillo, [[Teodoro II Láscaris|Teodoro]], pero tras un accidente de cabalo de Irene, esta non puido volver ter fillos; entón, retirouse a un convento, tomando o nome de irmá Uxía, e alí morreu en [[1239]]. Xoán volveu a casar con Constanza (Ana) de Sicilia, filla ilexítima de [[Federico II Hohenstaufen]], emperador do [[Sacro Imperio]], pero non tiveron descendencia.
 
Reorganizou os restos do [[Imperio bizantino]] ([[Imperio de Nicea]]) e grazas ás súas capacidades administrativas, fixo del un dos Estados máis ricos e fortes do Mediterráneo oriental. Tras asegurarse a fronteira oriental cun acordo cos [[Selxúcidas|turcos selxúcidas]], dedicouse a intentar recuperar as posesións europeas dos seus predecesores. Mentres a súa flotafrota atacaba aos latinos no [[mar Exeo]] e estendía o seu reino a [[Rodas]], o seu exército, reforzado con mercenarios occidentais, derrotaba ás forzas do emperador latino.
 
Aínda que non tivo éxito no asedio de [[Constantinopla]], que levou a cabo de común acordo cos [[Bulgaria|búlgaros]] en [[1235]], logrou a supremacía sobre os despotados de [[Reino de Tesalónica|Tesalónica]] e [[Despotado de Epiro|Epiro]]. A definitiva reconquista de Constantinopla, algúns anos despois da súa morte, débese en gran medida aos seus esforzos previos.