Domesticación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 113:
=== Aspecto zootécnico ===
{{Artigo principal|Cría selectiva}}
Actualmente, os obxectivos da domesticación de novas especies ou a mellora das [[raza]]s xa domesticadas concernen esencialmente á produción. Trátase da adaptación ás condicións de cría, a fecundidade, a velocidade de crecemento, e a cotíoacotío a calidade da [[carne]] ou doutros produtos como o [[leite]] ou a [[la]].
 
Os rexistros máis antigos descubertos que recollen listas de liñaxes,amosando unha formalización da selección dos animais, datan do século -XVI e están escritos en [[lingua hitita]]. A selección moderna das especies recorre a ferramentas notablemente [[estatística|estatísticas]] aplicadas ós coñecementos xenéticos. Requiren dunha avaliación tan obxectiva como sexa posible dos suxeitos e unha organización rigorosa dos programas de cría, co fin de obter unha mellora do rendemento das liñaxes en función de obxectivos determinados. Estas seleccións son implementadas por organizacións especializadas.