Domesticación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 87:
As prácticas de cría e de selección que se poden observar ó longo da historia poden dar unha idea de como se desenvolveu o proceso de domesticación. Son prácticas moi variadas, igual que o són os coñecementos e representacións que teñen os criadores dos mecanismos da herdanza e da influencia que podían exercer sobre unha poboación animal. Algúns deles facían unha selección metódica dentro dun rabaño, mentres que outros non concibían a influencia que podía ter a elección dos reprodutores nos seus produtos, dentro dunha especie ou variedade. Con todo, estes criadores podían ver o interese de adquirir unha nova lñaxe ou efectuar cruzamentos con animaos de orixe diferente e participar así na súa difusión.
 
Por outra banda, a selección exercida polos criadores está lonxe de manter sempre a mesma dirección, un tipo de práctica aplicada a diversas especies e en diferentes épocas que consiste, por exemplo, en sacrificar os animais de crecemento máis grande ou máis rápido, e deixar que os outros completen o seu crecemento. Esta práctica, que ten un efecto de contraselección, foi denunciada como tal polos observadores, coma no caso das ovellas, ou na [[piscicultura]], onde a práctica de "pesca de fondo" é repoboar unha lagoa despois da súa pesca, devolvendo só os peixes máis pequenos. Así, malia que a [[carpa]] ten unha longa tradición de cría en Francia, o rendemento da cría destes peixes era frouxo. Introducíronse liñaxes de crecemento moito máis rápido provenientes de Europa central a finais do séciño XIX, cos cales se practicaba a [[cría selectiva]]. Entre a diversidade das prácticas, destaca a que consistía en facer que unha femia fose montada por conxéneres salvaxes polas calidades reais ou supostas que iso lle outorgaba ós animais (can-lobo, porco-xabaril, en Europa). Malia que iso semella opoñerse ó proceso de domesticación, estas [[híbrido (bioloxía)|hibridacións]] poderían ter contribuído a combinar os carácterescaracteres domésticos (especialmente os comportamentais) dunha especie cos dunha subespecie local salvaxe ben adaptada ó seu medio. Este foi probablemente o caso das razas de cans nórdicos.
 
A domesticación dunha especie é froito dunha historia múltiple difícil de reconstruír. Os factores importantes son a predisposición de cada especie, as prácticas dos criadores ou protocriadores en períodos longos que efectúan unha selección consciente ou non, e os intercabios de animais que permiten que as lñaxes máis domesticadas se espallen.